domingo, 27 de noviembre de 2011

William Éricson Larson .- Personaxe Sueco.


Ola chámome William Éricson Larson e teño 26 anos, vivo en Kalmar (Ao sur de Suecia) coa miña noiva Adela, ao norte de Europa, debaixo de Noruega. Vivo a 15 km da playa pero case nunca vou por alí, xa que no inverno incluso algunha parte do mar pasa a ser unha gran placa de xeo denominada banquisa; sen embargo no verán incluso algún día, se eres valente podes meterte no mar, que é bon para a circulación do sangue e encanto a temperatura pasa de uns 10 grados, gústame  vestir coa roupa de verán. A miña familia vive en Estocolmo a uns 600 km, estiven vivindo con meus pais ata os 22 anos, despois trasladeime a vivir con meu irmán maior Daniel, que tamén vive en Estocolmo e ten xa 30 anos ata os 24 anos; aínda viven miña avoa e meu avó, apesar de teren 92 e 90 anos respectivamente. Vivimos nunha casa pequena e acolledora, para protexernos das temperaturas extremas que se dan no inverno. Non pertencemos a ningunha relixión e non temos pensado casarnos pola igrexa da que non hai rastro en 100 km a redonda; Adela fuma, cousa que non é moi común en Suecia, e xa está intentando parar, para ter un fillo en breve.
Traballo nunha empresa chamada “Kopa” que se dedica a exportación de madeira cara outros paises europeos; o meu traballo dentro da empresa limítase a conducir o camión que a trasporta aos diferentes sitios durante 12 horas ó día 6 días a semana, polo que cobro 18.410 Coronas Suecas ao mes; no meu tempo libre vou cos meus amigos a esquiar, un deporte que é moi popular en Suecia.
En xeral vivimos moi ben, pero moitas veces deseariamos vivir noutro país, menos rico e máis cálido... a maioría da xente aprobeita o diñeiro que gaña fácilmente durante todo o inverno para gastalo nuns días de vacacións en paises máis cálidos; eu tamén o farei.


No hay comentarios:

Publicar un comentario