lunes, 21 de noviembre de 2011

Os residuos

Unha estratexia plantexada polo goberno sueco propón duplicar a producción de biogás do país mediante a dixestión anaeróbica de residuos alimentarios. Ademáis, podería reducir o dano medioambiental causado polas emisións de metano dos vertedeiros.

Detrás destas propostas está a necesidade de reforzar a competitividade industrial mediante un uso máis eficiente dos recursos e de reducir a dependencia dos combustibles fósiles por parte do sector enerxético sueco. A producción de electricidade e a calefacción son os dous usos do biogás con maior potencial, ainda que tamén se postula como unha valiosa alternativa á gasolina e ao gasóleo nalgunas aplicacións de transporte local. No caso do transporte, o problema radica na necesidade de crear unha rede de distribución moi custosa capaz de manipular grandes volumes de gas.

Nestos momentos, Suecia está traballando na producción de biogás, despois de estimular a demanda, quizáis incluso de forma excesiva. A estratexia actual centrase en incrementar o suministro, para mantelo á altura da demanda xerada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario