miércoles, 9 de noviembre de 2011

A educación



Dende a preescolar, aos suecos estimúlaselles a pensar en forma independente. É un dos medios con que Suecia mantén a súa longa e orgullosa tradición de innovación.



A ninguén se lle negan os recursos que necesita: a Lei de educación establece que os menores que necesiten asistencia especial no colexio a reciban. Tamén prescribe que haxa igualdade na educación de todos os nenos, prescindindo do seu lugar de residencia no país e da súa capacidade ou minusvalidez



Cabe mencionar que a proporción de persoas con grao de bacharelato é algo maior entre as que adoecen de minusvalidez que entre as que non as teñen. Na educación superior acontece o contrario, se ben vai en aumento o número de persoas minusválidas que estuda en universidades e escolas superiores
Cada vez son máis as persoas que desexan seguir unha educación superior en Suecia. O número de solicitantes de estudos a xornada completa aumentou en case 85.000 persoas nos últimos cinco anos.



Para facer posible que estudantes que non poidan pagar os dereitos de matrícula, poidan estudar en Suecia, o Goberno asignou recursos a dous programas de bolsas novos. Un deles, por un total de 30 millóns de coroas suecas (SEK) ao ano, concede esas axudas por medio do Instituto Sueco.



As metas da educación superior están reguladas, sobre todo, pola Lei de Ensino Superior e polo Decreto de Ensino Superior. Eses instrumentos legais especifican que toda a educación impartida en universidades e escolas superiores debe basearse en principios científicos. A educación debe proporcionar:
Coñecementos e pericias nas áreas relevantes.
Capacidade para facer avaliacións críticas independentes.
Capacidade para identificar, formular e resolver problemas.
Preparación para cambios na vida profesional do estudante.
As universidades e escolas superiores teñen que asegurar aos estudantes con minusvalideces a igualdade de oportunidades para estudar como outros estudantes.



O 1 de xaneiro de 2011 entrou en vigor unha reforma que introduciu unha maior autonomía. Esa maior liberdade permitirá ás universidades e escolas superiores de Suecia dar un mellor rendemento nun sector internacional altamente competitivo. Entre outros cambios, a reforma dá a universidades e escolas superiores máis poder para determinar as súas propias estruturas internas. Hai dous principios que teñen que ser respectados sempre: as decisións que requiran unha opinión pericial, teñen que ser adoptadas por dúas persoas con pericia científica ou artística, e os estudantes teñen dereito a estar representados á hora de tomarse decisións relacionadas coa educación ou con cuestións estudantís.






No hay comentarios:

Publicar un comentario