jueves, 17 de noviembre de 2011

Servicios de saúde en Suecia

Todos os habitantes de Suecia teñen igual acceso aos servizos de saúde. O sistema sueco é financiado polos contribuíntes e está moi descentralizado. Funciona ben, se llo compara cos sistemas doutros países de nivel de desenvolvemento semellante, e obtén bos resultados médicos en relación cos investimentos e a pesar das restricións impostas ao seu financiamentoNo sistema de saúde de Suecia, a responsabilidade pola atención médica e de saúde é compartida polo goberno central, as deputacións provinciais e os municipiosO tempo de espera pola asistencia prescrita, por exemplo, cirurxía de cataratas ou prótese de cadeira, foi causa de insatisfacción durante moito tempo. Para remedialo, en Suecia estableceuse unha garantía de asistencia de saúde.En 2005, as deputacións provinciais e o goberno central conviñeron en establecer unha garantía de atención, en virtude da cal ningún paciente debe esperar máis de 90 días unha vez que se determine que clase de asistencia necesita. Se expira o tempo límite, ao paciente ofrécenselle os coidados necesarios noutro lugar, e en tal caso a propia deputación provincial sufraga os gastos que se requiran, incluídos os de viaxe.A situación mellorou dende que se estableceu a garantía de asistencia. Un exame dos tempos de espera ata o 31 de decembro de 2008, revelou que o 75 por cento dos pacientes recibira tratamento dentro do prazo de 90 días.

Enlace:

No hay comentarios:

Publicar un comentario