martes, 15 de noviembre de 2011

Alimentación en Suecia




A gastronomía de Suecia fixo sempre fincapé na elaboración de comidas con produtos frescos, toda vez que se puidesen aproveitar. Os longos invernos obrigaron, por outra parte, a desenvolver todo tipo de técnicas de conservación de alimentos, e é habitual que a despensa dunha casa estea ben aprovisionada, baseados no que os expertos en gastronomía sueca chaman "cultura do almacenamento".



Os vexetais, as patacas e o peixe, son os elementos básicos da Gastronomía de Suecia.
Un tradicional almorzo sueco consiste en queixo, xamón, salchichas, ovos e pan. Ao mediodía adoitan comer comidas lixeiras. A cea inclúe un aperitivo, prato principal, segundo prato, ensaladas e sobremesa.
Os suecos consumen moitos derivados do leite: a filmjölk, leite ácido semellante ao yogurt; a långfil, tamén semellante ao yogurt pero máis espesa; a filbunke (leite callado) e a gräddfil (nata agre)
Nos restaurantes onde serven menú fixo ou prato do día (Dagens rätt), poderá comer un prato, ensalada, unha bebida (auga ou cervexa lixeira), pan, manteiga e café por 50 ou 70 SEK (5.15 -7.20 €). O "prato do día" sérvese de luns a venres.





Os horarios das comidas en Suecia son similares a outros países: 8:00 a 11:00 para o almorzo continental; 12:00 a 14:30 para o xantar; 17:30 a 20:00 para a cea. Só nas grandes cidades poderá encontrar restaurantes abertos ata media noite.


Enlace:


No hay comentarios:

Publicar un comentario