jueves, 17 de noviembre de 2011

A educación en Suecia

Dende a preescolar, aos suecos estimúlaselles a pensar en forma independente. É un dos medios con que Suecia mantén a súa longa e orgullosa tradición de innovaciónO sistema de educación está baseado na recadación fiscal, apoiada por programas subvencionados publicamente de formación complementaria, reciclaxe profesional, escolas de adultos e grupos de estudo. O sector privado, pola súa banda, ofrece un sistema avanzado de formación complementaria e melloramento das aptitudesCada vez son máis as persoas que desexan seguir unha educación superior en Suecia. O número de solicitantes de estudos a xornada completa aumentou en case 85.000 persoas nos últimos cinco anos. En termos de investigación, Suecia aspira a ser un dos países máis intensivos en I+D a nivel mundial.Para facer posible que estudantes que non poidan pagar os dereitos de matrícula, poidan estudar en Suecia, o Goberno asignou recursos a dous programas de bolsas novos. Un deles, por un total de 30 millóns de coroas suecas (SEK) ao ano, concede esas axudas por medio do Instituto Sueco.En Suecia, o Riksdag (Parlamento) e o Goberno asumen a responsabilidade xeral da educación superior e a investigación, o que significa que son os que adoptan as decisións referentes a obxectivos, directrices e asignación de recursos. As actividades docentes e investigadoras son incumbencia do Ministerio de Educación e Investigación.A educación debe proporcionarCoñecementos e pericias nas áreas relevantes.Capacidade para facer avaliacións críticas independentesCapacidade para identificar, formular e resolver problemas.Preparación para cambios na vida profesional do estudante.



A ninguén se lle negan os recursos que necesita: a Lei de educación establece que os menores que necesiten asistencia especial no colexio a reciban. Tamén prescribe que haxa igualdade na educación de todos os nenos, prescindindo do seu lugar de residencia no país e da súa capacidade ou minusvalidez.



Enlace:

No hay comentarios:

Publicar un comentario