jueves, 20 de octubre de 2011

Relixión en Suecia

Igrexa de Riddarholmskyrkan, Estocolmo.

Ainda que Suecia é un país moi secular, é dicir, non relixioso, as numerosas igrexas que se ven en todo o país dan testimonio da larga presenza histórica do cristianismo. Actualmente a Igrexa Sueca –separada do Estado dende o ano 2000– é unha igrexa evanxélica luterana. Uns 7 millóns de persoas residentes en Suecia son membros da Igrexa Sueca, que coexiste con moitas outras comunidades. O Islam é actualmente a segunda
relixión, despois do cristianismo, en canto a número de adeptos.

Según o revelan alguns estudios, apenas un de
cada dez suecos considera que a relixión é importante na vida diaria. De diversos modos, a relixión desempeña un papel diferente, xa que moitas celebracións tradicionais de Suecia teñen raíces relixiosas: o Nadal, o Martes de Entroido,
a Semana Santa e o Día de Todos os Santos, entre outras. Os suecos manteñen vivas as suas tradicións, ainda que a orixe de certos costumes xa se olvidou. As relixións e tradicións de outras partes do mundo enriquecen a Suecia como país, o que sucede, por exemplo, co Ramadán islámico. Habendo uns 400.000 musulmáns en Suecia, o mes de xaxún é un suceso importante no país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario