lunes, 17 de octubre de 2011

Alimentación en Suecia

En Suecia, o verán relacionase con comidas ao aire libre e picnics, nos que os suecos gozan dos alimentos que só poden obter nesta estación debido ao clima e invitan a amigos e familiares a comidas campestres.

Tamén no verán, os suecos disfrutan dos alimentos específicos desta época do ano, tales como cogomelos, arandos, arandos vermellos e moras.

Unha tradición característica sueca é o almacenamento dos alimentos que colleitan durante a primaveira e o verán para as estacións mais frias, nas que non se obteñen productos. Isto era máis habitual no pasado, xa que na actualidade a economía permítelles comprar productos importados doutros países, pero ainda así seguese facendo.

En contraste coas comidas tradicionais suecas como poden ser as patacas ou as carnes de diversos tipos están as pastas e postres que se sirven con café, costume que imitaron dos franceses, así como as moitas variedades e tipos de tartas con todo tipo de merengues.


No hay comentarios:

Publicar un comentario