Dende preescolar, aos suecos estimulaselles a pensar de forma independente. Desta forma, Suecia sempre está á cabeza nos índices de inversión en investigación.
O sistema de educación está basado na recaudación fiscal, apoiada por programas subvencionados públicamente de formación complementaria, reciclaxe profesional, escolas de adultos e grupos de estudio. O sector privado, pola sua parte, ofrece un sistema avanzado de formación complementaria e mellora das aptitudes.
A ninguen se lle negan os recursos que necesita: a Lei de educación establece que os menores que necesiten asistencia especial no colexio a reciban. Tamén prescribe que haxa igualdade na educación de todos os nenos, prescendendo do seu lugar de residencia e da sua capacidade ou discapacidade.
En resumidas contas pode dicirse que en Suecia a educación está moi avanzada con respacto a outros paises europeos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario